Acceso de asociados

Carta de benvida

Desde o seu nacemento o 21 de xuño do 2003, o Club de Antigos Alumnos mantén intactos os seus fundamentos e obxectivos, que se resumen en «O afán de contribuír ao desenvolvemento da carreira profesional de aqueles que formaron parte do CSHG, así como manter vivas as relacións entre eles e fomentar un contacto permanente co Centro Superior de Hostelería.»

«Contribuír ao desenvolvemento da carreira profesional de aqueles que formaron parte do CSHG, así como manter vivas as relacións entre eles e fomentar un contacto permanente co Centro Superior de Hostelería.»

Nesta páxina web poñemos a vosa disposición unha serie de servizos e informacións que estamos seguros que os resultarán de moita utilidade. Se aínda non estás asociado ao CAA non dubides en facelo agora e che facilitaremos unha clave de acceso para que podas entrar na zona privada onde poderás consultar servizos como a Bolsa de traballo, o buscador de antigos alumnos ou as ofertas especiais para asociados.

Recordámosvos que o CAA non ten ningún sentido sen a participación activa de todos nós co que vos animamos a colaborar activamente facendo tódalas propostas que estimedes conveniente.

Sen máis, só nos queda desexarte unha interesante navegación e nos reiteramos a túa enteira disposición para todo o que necesites.

A presidencia
Club de Antigos Alumnos do CSHG.